CulturaCulturaEducaciónEntroido 2024Última hora

Os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible da Axenda 2030 centran o desfile de Entroido no CEIP Condesa de Fenosa do Barco

 

Este ano o CEIP Plurilingüe Condesa de Fenosa do Barco de Valdeorras elixía os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible da Axenda 2030 como nexo de unión dos disfraces de Entroido que lucían na tarde deste venres 9 de febreiro durante o desffile que a chuvia obrigaba a celebrar no pavillón.

 

 

Así o alumnado de Infantil promovía unha alimentación saudable onde non falten as tan necesarias froitas; o 1⁰ Ciclo reivindicaba o coidado da fauna terrestre e da biodiversidade que se está a pór en perigo nos últimos tempos; o alumnado do 2⁰ Ciclo centrouse na vida submariña e nos mares de plásticos que inundan os océanos; os nenos e nenas de 5⁰ ían de superheroes da limpeza e a restauración dos ecosistemas; e os maiores de 6⁰ desfilaron defendendo o deporte coma un hábito saudable para todas as idades.

 

 

E pechando o colorido desfile o tradicional folión de 4⁰ de Primaria.

 

 

Fotos: CEIP Plurilingüe Condesa de Fenosa.

Artigos relacionados

Back to top button