Andainas-Trails-OrientaciónDeportesÚltima hora

Os orientadores do Peña Trevinca Barco seguen sumando medallas

Tres membros do club valdeorrés subían ao podio nas dúas probas da Liga Galega de Orientación celebradas en Noia (Pontevedra)

 

Na xornada sábado 6 de outubro, celebrábanse no Monte Iroite e na vila de Noia dúas probas da Liga Galega de Orientación a Pé organizadas pola ADC Arnela que contaba coa participación de orientadores ourensáns.

A primeira proba de distancia media tiña lugar durante a mañá “nun mapa de bosque con bastante vexetación e controis moi técnicos no alto da serra do Barbanza, no que ademais os corredores tiveron que facer fronte ás inclemencias metereolóxicas en forma de néboa, choiva e fortes refachos de vento”, explican dende o Club Peña Trevinca Barco que subía ao podio en dúas ocasións. Jesús Rodríguez León era primeiro en iniciación longa e Xan M. Trigo Recarey era segundo en M55. Do A.D. Limiactiva Juan Garrido Blanco era terceiro enM21A e Lucas Barja Pérez en M14.

 

 

A segunda carreira celebrábase pola tarde no mapa urbano de Noia tamén baixo a choiva consistente nun percorrido Sprint practicamente chairo e moi rápido con controles que obrigaban a sucesivas entradas e saídas no centro histórico, finalizando na preciosa Alameda desta vila medieval. Aquí o Club Peña Trevinca subía ao alto do podio en dúas ocasións: Xan Trigo era primeiro en M55 e Brais Rodríguez en M12. Polo Limiactiva de Xinzo Juan Garrido e Lucas Barja volvían ser terceiros nas súas respectivas categorías.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button