Un total de 262.249 persoas están chamadas ás urnas nestes comicios nos que se constituíron 542 mesas electorais. Tamén se escollerá aos eurodeputados españois
Dende as nove da mañá están abertas as 542 mesas electorais da provincia de Ourense, que se constituían con normalidade. Nelas poderán exercer o voto 262.249 persoas (fronte ás 273.615 da anterior lexislatura) que elixirán as corporacións dos 92 concellos ourensáns e da entidade menor de Berán.
Neste comicios tamén se elixirán aos representantes de España no Parlamento Europeo, un total de 54. Os colexios electorais estarán abertos ata as oito da tarde.
Máis información e fotos:
https://osil.info/as-votacions-dos-candidatos-a-alcaldia-do-barco/
https://osil.info/asuncion-cruz-unha-das-votantes-mais-veteranas-do-barco-con-101-anos/
https://osil.info/os-canditatos-a-alcaldia-de-trives-votan/
https://osil.info/a-votacion-dos-cabezas-de-lista-rueses-en-imaxes/
https://osil.info/unha-muller-de-105-anos-vota-en-sober/