Tamén en Córgomo (Vilamartín de Valdeorras) celebrarán o seu particular magosto. Será o vindeiro sábado 5 de novembro a partir das sete da tarde da man da Asociación de Mulleres Rurais.
Por 5 euros que custa a entrada (os menores de 10 anos poderán acceder de balde), os asistentes degustarán bolos preñados, castañas asadas, bica e viño.
A festa estará amenizada musicalmente polo grupo local Os Parrandas.