En portadaÚltima horaVídeos

Os participantes na II BTT Ruta do Viño de Valdeorras percorren a comarca

 

Preto de 80 ciclistas chegados dende diversos puntos de Galicia e tamén da veciña provincia de León participaban na mañá deste domingo 22 de outubro na segunda edición da BTT Ruta do Viño de Valdeorras.

Con saída no Bañadoiro (Vilamartín de Valdeorras) en torno ás 9:45 horas e meta no mesmo punto en torno ao mediodía a ruta discorreu por estradas, camiños e sendas dos municipios do Barco, Rubiá, Vilamartín e Petín. En concreto, varios dos subtramos da proba pasaron por diferentes puntos do Camiño de Inverno. Ao longo do percorrido, a organización dispuxo, ademais, varios puntos de avituallamiento de líquidos e sólidos para insuflar enerxía aos participantes que desfrutaron de produtos e sobre todo viño da DO Valdeorras.

 

 

 

En palabras do presidente da Ruta do Viño de Valdeorras Joaquín Sánchez, “a bicicleta de montaña, como disciplina deportiva, gana cada vez máis adeptos en todas partes e, por iso, desde o Roteiro do Viño consideramos interesante promover un roteiro en BTT pola nosa comarca. Deste xeito, combinando práctica deportiva coa divulgación dos atractivos máis visitables da zona, achegamos o noso granito de area para axudar a crear marca Valdeorras como destino turístico”.

 

 

De feito, o itinerario atravesou diversos puntos de interese turístico significativos como a ponte de Éntoma, a Vía Nova, a Igrexa de Outarelo, o Pazo do Castro, a Torre do Castro, o Mosteiro de Xagoaza, as Casas Grandes de Portela, a área recreativa do Bañadoiro, o paseo do Malecón ou as impresionantes paisaxes de viñedos que existen ao longo de todo o roteiro, incluíndo varias adegas.

 

 

Malia a borrasca, que se deixaba sentir especialmente a metade da ruta, os participantes entre os que estaba o ciclista profesional Gustavo César Veloso, desfrutaron da iniciativa e das paisaxes.

Máis información e fotos no seguinte enlace: https://osil.info/preto-dun-cento-de-ciclistas-toman-a-saida-en-vilamartin-na-ii-btt-ruta-do-vino-de-valdeorras/

Fotos e vídeos: Carlos G. Hervella.

 

 

 

Artigos relacionados

Back to top button