En portadaÚltima horaVídeos

Preto dun cento de ciclistas toman a saída en Vilamartín, na II BTT Ruta do Viño de Valdeorras

Entre os participantes figura o recoñecido deportista galego Gustavo César Veloso

 

En pleno temporal, preto dun cento de ciclistas tomaban na mañá deste domingo 23 de outubro a saída en Vilamartín de Valdeorras da II BTT Ruta do Viño de Valdeorras, que hoxe percorre un tramo de 40 quilómetros ao longo de toda a comarca.

 

Os organizadores.

 

Debido ás condicións meteorolóxicas adversas, a organización tivo que reducir o percorrido desde os 57 quilómetros planificados inicialmente para acurtar a proba, concibida como unha estratexia para a dinamización turística e posta en valor dos recursos naturais e patrimoniais de Valdeorras, que conta con participantes chegados desde diversos puntos de Galicia e tamén da veciña provincia de León.

 

Os organizadores da proba co alcalde de Vilamartín de Valdeorras.

 

 

Aínda que finalmente eran uns 80 os que tomaban a saída, en total eran 114 as persoas rexistradas nesta  edición da BTT, das cales 45 pertencen a clubs ciclistas -dous deles emprazados nas localidades leonesas de Bembibre e Cacabelos- e 69 realizan esta proba non competitiva de maneira independente, sen afiliación a ningún club. Ademais, un total de 110 son homes e catro son mulleres. Entre os participantes inscritos figuran os recoñecidos deportistas galegos Gustavo César Veloso e Iván Raña aínda que este último finalmente non participaba.

 

 

A organización propuxo unha espectacular ruta que discorre por estradas, camiños e sendas dos municipios do Barco, Rubiá, Vilamartín e Petín. En concreto, varios dos subtramos da proba discorren por diferentes puntos do Camiño de Inverno. Ao longo do percorrido, a organización dispuxo, ademais, varios puntos de avituallamiento de líquidos e sólidos para insuflar enerxía aos participantes no roteiro.

A saída tomábase pasadas as 9:30 horas no Bañadoiro, onde se efectuará tamén a chegada.

Máis información e fotos no seguinte enlace: https://osil.info/os-participantes-na-ii-btt-ruta-do-vino-de-valdeorras-percorren-a-comarca/

 

Artigos relacionados

Back to top button