
Dende o día 1 de xullo e ata o 31 de setembro, o Concello de O Bolo conta con novos guías oficiais para amosar o Castelo, o Santuario das Ermidas e tamén o Museo de Yosso (a partir de mediados de mes).
Tal como se indica no cartel, o horario de visitas é de xoves a domingo. No caso do Santuario é de xoves a sábado de 17:30 a 20:30 horas e os domingos de 11 a 13 horas. No Castelo é de xoves a venres de 11 a 14 horas, os sábados de 12 a 14 horas e os domingos de 18 a 20 hora. E con respecto ao Museo Yosso, ubicado no espazo escolar da vila de O Bolo, as visitas son os sábados de 10 a 12 horas (previa reserva).
Na xornada deste xoves 7 de xullo os guías acompañaban ao grupo do campamento de voluntariado que está en Larouco.