EconomíaEconomíaÚltima hora

Os participantes no Proxecto Lugares coñecen Valdeorras

 

Trala presentación de onte pola tarde, na mañá deste xoves 20 de abril o Proxecto Lugares, a nova iniciativa de transformación do espazo público no Camiño de Santiago a través da confluencia entre disciplinas como a arquitectura, o deseño, a artesanía e a pasaixe, iniciaba a súa actividade na comarca de Valdeorras cun paseo por un tramo do Camiño de Inverno na zona de Pumares (Caraballeda de Valdeorras).

 

 

Alí os participantes puideron conversar con axentes locais e coñecer outros espazos da zona susceptibles de acoller a proposta de intervención arquitectónica que xurda deste taller.

De regreso nas covas de Seadur, onde se desenvolve o taller, o delegado da Xunta de Galicia en Ourense, Gabriel Alén, e a alcaldesa de Larouco, Patricia Lamela, visitaban ao grupo conformado por profesionais e axentes locais que participan nesta iniciativa.

 

 

A xornada de mañá desenvolverase nas covas de Seadur (de 9 a 14:30 e de 16 a 19:30 horas) incluíndo ademais a vsita ao taller do escultor Luis Fernández (Cochorro).

Fotos: Carlos G. Hervella/ Rubén Vilanova.

Artigos relacionados

Back to top button