Galerías de fotosÚltima hora

Os patos fan amigos polas rúas e prazas do Barco

Hai unha parella que se achega todos dos días ata a praza José Otero onde recibe comida dos veciños

 

Habitualmente vense no río Sil ou en zonas próximas como a praia fluvial do Malecón do Barco de Valdeorras. Pero ultimamente, especialmente dende a entrada en vigor do estado de alarma, os numerosos patos que viven en torno a este río adoitan ir máis aló, sendo frecuente atopalos paseando ou na procura de comida por céntricas rúas peatonais e prazas.

No caso concreto da praza José Otero pode verse cada día a unha parella de patos que xa son amigos dos veciños da contorna. “Veñen cada día en torno ás 13 horas e volven pola tarde sobre as sete máis ou menos”, explica Cati dende a Zapatería Moral, unha das que lles ten dado comida a este animais que se achegan sen medo aos viandantes na procura dalgunha lambetada.

 

Un dos patos amigo da praza José Otero.

 

“Normalmente vén coa parella aínda que hoxe só está o macho”, di Cati Moral, explicando que veñen buscar a comida e despois marchan. “Hainos por diferentes partes do Barco e cada parella te a súa zona”, di, asegurando que de agora en adiante coa saída dos nenos despois do confinamento xa se verán menos porque son eles os que adoitan darlles de comer “pero durante este tempo en que non se podía saír, os patos andaban pola vila buscando comida”.

Fotos: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Back to top button