DeportesÚltima hora

Os pequenos do MV Barco participarán este domingo na III Concentración Baby-Basket, en Monforte

A xuntanza celebrarase entre as 9:30 e as 14h. no pavillón municipal da Pinguela
Cativos do MV Barco en Calabagueiros. /Foto: Carlos G. Hervella.

O Pavillón Municipal da Pinguela, en Monforte de Lemos, acollerá este domingo 17 de febreiro, entre as 9:30 e as 14h. a III Concentración Baby – Basket da tempada 2018 – 2019, organizada polo Club Baloncesto Val de Lemos e a Federación Galega de Baloncesto, e que conta coa colaboración do Concello de Monforte.

A concentración estará protagonizada por un total de 16 equipos, compostos por nenos e nenas nados entre os anos 2011 e 2013, entre os que está o Muebles Victoria Barco; participarán nun evento que ten como obxectivo principal “fomentar a práctica do baloncesto entre os máis cativos”.

Os equipos participantes distribuiranse en catro grupos de catro equipos cada un e disputarán partidos entre eles ao longo da mañá. O equipo barquense está encadrado no grupo C xunto a C.B. Xuventude Verín, Almacenes Gamallo A.B. Xinzo e Carmelitas Selas “A”.

Artigos relacionados

Back to top button