Galerías de fotosÚltima hora

Os peregrinos do Bierzo e Valdeorras, na recta final do Camiño de Inverno

Tras realizar o sábado 4 de marzo o traxecto entre Río e Rodeiro, só lle quedan un par de etapas para chegar a Compostela

Ao redor das nove da mañá do 4 de marzo partían dende Río (Rodeiro) uns 125 peregrinos bercianos e valdeorreses que están a realizar o Camiño de Inverno a pé. Esta era xa a novena etapa dunha iniciativa organizada pola Asociación Camino de Santiago de Invierno por el Bierzo.

Completaban un traxecto de 23 km por camiños e sendeiros encharcados polas recentes choivas e tamén por campos rodeados aínda de neve. Ao redor das dúas da tarde chegaban á localidade de Lalín, onde os agardaba o seu alcalde, Rafael Cuíña, con que este grupo de peregrinos se fotografiaba no exterior do Concello. Pouco despois, desfrutaban dun xantar a base do típico cocido de Lalín. Tiña lugar nas instalacións do Bar Rodríguez, local cedido para esta comida a través das xestións do Concello de Lalín.

Fotos: Miguel López

Artigos relacionados

Back to top button