OurenseÚltima hora

Os perruqueiros e estilistas de Ourense celebran mañá o 40 aniversario da súa asociación o 19 de maio

No acto homenaxearán aos cinco ex presidentes e a dúas asociadas xubiladas no último ano
Presentación da gala do 40 aniversario do colectivo de perruqueiros e estilistas de Ourense.

Os profesionais de perruquería e estilismo de Ourense celebran mañá sábado 12 de maio, ás 20h. a súa gala anual coa que conmemorarán o 40 aniversario da fundación que os agrupa.

Comezou sendo a Asociación Empresarial de Empresarios Peuqueros y de Peluquería de Caballeros de Ourense, en outubro de 1977, pero anos máis tarde foi redefinida para converterse na actual Asociación de Empresarios de Peluquería y Salones de Belleza de Ourense. Con Beatriz Gómez ao fronte, centrarán a gala de mañá nunha homenaxe aos cinco ex presidentes do colectivo dende a súa fundación: Antonio Rodríguez Fernández, o presidente fundador; Julio Gutiérrez Romero; Jorge Cachaldora Seoane; Antonio Peiteado Iglesias; e Camilo Sotelo Barroso. Xunto con eles, como xa é habitual, haberá un recoñecemento para os profesionais xubilados no último exercicio, que neste caso son Antonia Balboa González e Dolores Fernández Taboada.

Para a actual presidenta “a gala do 40 aniversario é unha ilusión feita realidade. A estas alturas sentimos xa que o esforzo realizado e o que está por vir aparecen recompensados pola gran acollida dispensada dende o ámbito profesional en toda Galicia”. Un calor que se vei refrendado coa “gran acollida dispensada a este evento, que superou as nosas previsións iniciais e que nos obrigou a cambiar o tradicional lugar de celebración, que nesta ocasión será o salón de actos do colexio Maristas, en lugar do Liceo”, dixo Gómez Valcárcel na presentación.

Artigos relacionados

Back to top button