DeportesÚltima hora

Os pescadores regresan aos ríos e encoros

A tempada de pesca 2020 abríase na xornada deste martes 19 de maio

 

Con máis de dous meses de retraso polo estado de alarma, a tempada de pesca deportiva e recreativa 2020 abríase en Galicia na xornada do martes 19 de maio. E facíao moi a modo, polo menos nas augas do río Sil ao seu paso por Valdeorras nas que apenas se viron pescadores nas dúas primeiras xornadas.

O regreso aos ríos e encoros galegos dos afeccionados a esta actividade facíase despois de saír publicadas no BOE, as normas de seguridade decretadas polo Ministerio de Sanidade. Segundo o artigo 49 (capítulo XV) da orde SND/414/2020, de 16 de maio, para a flexibilización de determinadas restricións de ámbito nacional establecidas trala declaración do estado de alarma en aplicación da fase 2 do Plan para a transición cara unha nova normalidade, “queda permitida a práctica da pesca deportiva e recreativa en todas as súas modalidades sempre que se respecte a distancia de seguridade e as medidas de hixiene e prevención fixadas polas autoridades sanitarias”.

No artigo 50 da orde especifica que cando non sexa posible manter a distancia de seguridade establecida “será obrigatorio o uso de mascarilla”. Ademais, non se compartirán utensilios de pesca, nin de comida ou bebida. Deberase limpiar e desinfectar o vestiario despois do seu uso de acordo con lo previsto no artigo 6; e tamén todo o material utilizado.

 

Os accesos ao río na zona da Graveira na Rúa están en moi mal estado. /Foto cedida.

 

Na Rúa, algúns pescadores como Antonio Domínguez “Cachito”, que xa denunciara hai meses o mal estado do río, cos accesos impracticables, na zona da Graveira, aseguran que segue sen estar en condicións.

Artigos relacionados

Back to top button