OurenseÚltima hora

Os planetas do Sistema Solar centran a temática da Cabalgata de Reis de Ourense

A comitiva real, formada por máis de 250 persoas, sairá da Estación do Empalme cara ás 18:15 horas, tras a chegada dos Reis Magos en ferrocarril
Carroza do Rei Melchor. // Foto: Carlos Asensio.

Máis de 250 persoas acompañarán ás Súas Maxestades Os Reis Magos este venres, 5 de xaneiro, no seu percorrido pola cidade de Ourense. Os Reis Magos chegarán un chisco antes das 18:00 horas á Estación de tren Ourense – Empalme. Unha vez alí, subirán as carrozas que os levarán polas rúas da cidade até a Praza Maior. Estarán acompañados por unha comitiva de máis de 250 persoas, entre persoal de organización, figuración, produción, etc. Segundo fontes do Concello.

A temática xeral ensinará os planetas e o sistema solar, que estarán inflados de helio, continuando coa campaña levada este ano na actividade de Animación á lectura do Concello de Ourense.

Este ano, o Concello aumentará a seguridade co valado perimetral por primeira vez en zonas como a Praza de Concepción Arenal, a rotonda de San Rosendo (Progreso con Concordia e Xoán XXIII) ou a zona da Alameda.

Tras saudar á veciñanza congregada na estación, a Cabalgata dos Reis Magos sairá en torno ás 18:15 horas da estación de tren para realizar o percorrido tradicional na cidade pola Avenida das Caldas, Ponte Vella, rúa Progreso, rúa Doutor Marañón para rematar na Praza Maior. Unha vez remate o saúdo das súas maxestades á veciñanza, haberá un espectáculo pirotécnico sobre o río Miño cara ás nove da noite.

O paso da Cabalgata requirirá realizar os necesarios cortes de tráfico previos nas rúas adxacentes, polo que o Concello solicita a condutores e condutoras que desculpen as molestias e utilicen itinerarios alternativos.

 

Artigos relacionados

Back to top button