CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

Os positivos en Covid-19 nos centros escolares do Barco ascenden a 22

Soben no CPR Divina Pastora e no IES Martaguisela e descenden no IES Lauro Olmo

 

Seguen subindo as cifras de positivos nos centros escolares do Barco de Valdeorras. Segundo os datos que vén de notificar a Xunta son xa 22 os casos rexistrados. Soben os positivos no CPR Plurilingüe Divina Pastora que pasa de 5 a 6 casos; e no IES Martaguisela que pasa de 2 a 4. Pola contra baixan no IES Lauro Olmo pasando de 3 a 2 positivos.

O resto das cifras mantense: o CEIP Condesa de Fenosa ten 1 positivo e unha aula pechada, o CEIP Julio Gurriarán ten 3 positivos e o CEIP Ramón Otero Pedrayo segue con 6 positivos, segundo os datos facilitados pola Xunta. Polo de agora unicamente hai unha aula pechada.

Artigos relacionados

Back to top button