Aínda que lixeiramente, mantense a tendencia ascendente no número de casos activos de Covid-19 nos centros educativos no Barco de Valdeorras, que suman un total de 5, dous máis que onte.
O IES Lauro Olmo conta con 2 positivos, un máis que onte e tras semanas sen casos, o IES Martaguisela regresa neste 19 de novembro á listaxe da Xuna con 1 positivo. A Escola Infantil Los Juglares mantán 1 caso activo e o CEIP Otero Pedrayo outro.
O resto de centros escolares da comarca de Valdeorras permanence, unha xornada máis, libre de coronavirus.