ConcellosÚltima hora

Os problemas do rural galego, a debate en San Xoán de Río

 

A realidade, problemáticas e necesidades do rural galego poñíanse sobre a mesa nun debate que se desenvolvía no salón de plenos do Concello de San Xoán de Río. Nesta sesión participaban, ademais dos anfitrións concelleiros, deputados autonómicos e diversa xente vinculada a política dos municipios: Sober, Manzaneda, Trives, Courel, Chantada, Laza, Antas de Ulla, Chandrexa de Queixa, Montederramo, Maceda e Monforte de Lemos

Neste encontro debatíase sobre as políticas para a Ribeira Sacra e a Reserva de Biosfera, a revalorización cadastral, sanidade (hospitais de Verín, Valdeorras, Lemos e A Mariña), as condicións do SAF e xestión dos servizos públicos, así como sobre emerxencia climática e interior cara a un novo paradigma de ordenación territorial, desenvolvemento e sustentabilidade.

 

Artigos relacionados

Back to top button