DeportesGalerías de fotosÚltima hora

Os rapaces das Escolas Deportivas Municipais de Trives, no estadio de Balaídos

Viaxaban ata Vigo e asistían a un partido Celta. Ademais eran recibidos polo seu presidente, Carlos Mouriño

A do 1 de decembro foi unha xornada diferente e moi especial para os rapaces das Escolas Deportivas Municipais do Concello da Pobra de Trives. Xunto cos seus monitores deportivos, o alcalde e o concelleiro de Deportes, viaxaban ata Vigo. Alí, no marco do programa “Eurorregión Celeste”, asistían a un partido do Real Club Celta no Estadio de Balaídos, que tiña lugar ás 13h.

Ademais eran recibidos polo presidente do Real Club Celta de Vigo, Carlos Mouriño, no Museo deixando aos nenos con caras de felicidade e asombro. Tamén os obsequiaron cun agasallo por parte da Fundación Celta. Os representantes do Concello tamén agasallaron ao presidente do Celta con produtos típicos de Trives como a bica ou o viño. Seguro que esta foi “unha experiencia única para os nosos xoves deportistas”.

Fotos: Concello da Pobra de Trives.

 

Artigos relacionados

Back to top button