EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

Os recursos das cinco Rutas do Viño galegas preséntanse nun innovador evento virtual

Máis de 30 adegas e establecementos mostrarán os seus potenciais enoturísticos o martes 29 de xuño, a través da plataforma FEVIR Galicia

Foto: Carlos G. Hervella.

 

A marca Enoturismo Galicia, que agrupa a establecementos e adegas das cinco Rutas do Viño galegas, será a protagonista dun workshop en liña, que se celebrará cun novo formato. O martes 29 de xuño, entre as 9.h. e as 14h. levarase a cabo esta acción profesional na que se poderá coñecer a oferta de máis de 30 empresas da Ruta do Viño de Valdeorras, Ruta do Viño Ribeiro, Ruta do Viño
Ribeira Sacra, Ruta do Viño Monterrei e da Ruta das Rías Baixas.

Entre os obxectivos desta actividade están “promocionar Galicia como destino enoturístico e servir como punto de encontro para o sector, as súas empresas e profesionais”. O Clúster Turismo de Galicia organiza este evento, co apoio da Xunta de Galicia – Axencia de Turismo de Galicia.

Entre os profesionais que están convocados á cita figuran axencias de viaxe; empresas organizadoras de congresos e eventos; e, en xeral, profesionais dos sectores DMC e MICE, ademais da prensa especializada.

O encontro en liña realizarase a través da ferramenta “Fevir Galicia”, que permite a celebración de feiras e eventos nunha contorna de realidade virtual. “Fevir Galicia é unha ferramenta que ofrece unha experiencia inmersiva, na que os visitantes poden moverse libremente por un espazo personalizado e interactuar con outros usuarios. Pódese acceder desde un ordenador ou desde calquera dispositivo móbil. Conta con espazos de reunión, zona de exposicións con stands e un auditorio para conferencias ou presentación”, explican.

Artigos relacionados

Back to top button