Dende primeira hora da mañá, os Reis Magos recén chegados de Oriente están a percorrer as diferentes aldeas de Vilariño de Conso. O seu traxecto encetábase (logo de que a comitiva pasase os correspondentes test de antíxenos, para garantir a seguridade) ás 10h. en Pradoalbar, un dos pobos máis altos de Galicia. Alí saudaban a nenos e maiores e agasallábanos con caramelos.

Despois continuaban por San Mamede, ás 11h. por Entrecinsa, logo por Sabuguido, Soutogrande e ás 12.30h. tiñan previsto chegar á vila de Vilariño.
A visita real continuará pola tarde co seguinte horario: ás 15:30h. irán a Mormentelos, ás 16:30h. Castiñeira, ás 17:15 a Conso e ás 17:45h. á Veiguiña.
Fotos: Carlos G. Hervella.