ConcellosEn portadaGalerías de fotosÚltima hora

Os Reis Magos percorren as rúas de Rubiá en tren antes da recepción oficial

Melchor, Gaspar e Baltasar entregaban os agasallos aos cativos na Casa da Cultura

Moi madrugadores foron os Reis Magos que chegaban xa de boa mañá a Rubiá. En torno ás 10:30h. Melchor, Gaspar e Baltasar, subían ao tren infantil no que percorrían as rúas da localidade valdeorresa, con parada na Residencia de Anciáns San Cosme, acompañados polos cativos. Despois, as Súas Maxestades eran recibidas no salón de actos da Casa da Cultura onde os nenos subían un a un ao escenario para recoller os seusagasallos de mans do propios reis. Sen baixar do escenario, os máis pequenos desenvolvían os paquetes para descubrir, emocionados, que os Reis Magos lles trouxeran os xoguetes esperados.

Coa recepción real na que houbo un pica pica para todos, Rubiá poñía o broche ao Nadal no que se le levaron a cabo actividades de carácter lúdico (con obradoiros, xogos e inchánbeis), relixioso e cultural.

Fotos: Carlos G. Hervella e cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button