ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Os Reis Magos poñen o broche ao Vilanadal en Vilamartín de Valdeorras

A recepción tiña lugar no pavillón de O Bañadoiro no mediodía do 5 de xaneiro

Melchor, Gaspar e Baltasar, achegábanse no mediodía do 5 de xaneiro ata o pavillón de O Bañadoiro para recibir aos cativos de Vilamartín de Valdeorras que lle fixeron as súas peticións. Foron coma sempre os máis madrugadores da comarca e así poñían o broche ao Vilanadal 2017/2018, un extenso e completo programa de actividades e xogos (brincadeiros, obradoiros,…) que centrou o Nadal na localidade valdeorresa.

No programa, organizado polo Concello e coordinado por Valdeocio, participaron unha trintena de cativos de diferentes idades. Os mesmos que recibiron, nerviosos ás Súas Maxestades.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button