En portadaÚltima hora

Os restaurantes das XXI Xornadas Gastronómicas de Entroido do Barco servían uns 882 menús

Ademais entre os participantes sorteábanse dúas experiencias enoturísticas en Valdeorras

Imaxe do sorteo entre os comensais das xornadas./ Foto cedida.

 

Balance moi positivo das XXI Xornadas Gastronómicas de Entroido no Barco. Os nove restaurantes barquenses participantes na iniciativa servían un total de 882 menús entre o 20 e o 25 de febreiro (do Xoves de Comadres ao Martes de Entroido).

“Unha edición máis, os valdeorreses elixiron a gastronomía da zona e os viños da comarca durante a celebración do Entroido, como unha opción más de ocio. A actividade volveu, por tanto, a cumprir cos seus obxectivos: dinamizar a vila e apoiar áa hostalaría”, tal e como se destaca dende a organización, en mans do Concello do Barco, a Asociación Empresarial de Valdeorras (AEVA) e a Asociación Centro Comercial Aberto de O Barco (CCA).

Os restaurantes participantes nesta ocasión eran Cafetería Restaurante Fernando III, Pazo do Castro, Casa Lameiro, Casa Galaica, Pensión La Gran Tortuga, Casa Ignacio, Piquiño Restaurante, Restaurante San Mauro e Il Piacere.

Neste 2020 a Asociación Ruta do Viño de Valdeorras sorteou dúas actividades, para dúas personas, das IX Xornadas de Portas Abertas entre todos os comensais que cumprimentaron cos seus datos as rifas de participación.

Os premiados son:

⁃ Elena González Escuredo. Ganadora da actividade VIÑOTEANDO ENTRE COVAS. Unha visita guiada a seis adegas-cova con degustación de viños. Será o sábado, 30 de maio de 2020.
⁃ Alesandra Rodríguez Prieto. Ganadora de UN PASEO EN CATAMARÁN. Viaxe en catamarán polo encoro da Rúa que finaliza cun concerto e degustación de viños de Valdeorras no Aguillón. A disfrutar o sábado, 30 de maio de 2020.

Este sorteo efectuábase o martes, 3 de marzo de 2020, nas oficinas da Asociación Empresarial de Valdeorras.

Artigos relacionados

Back to top button