CulturaCulturaEn portadaÚltima hora

Os resultados da investigación realizada sobre o Castro de Valencia do Sil presentaranse o 3 de xuño en Vilamartín

O vindeiro 24 de maio iniciarase unha nova campaña de escavacións neste xacemento

Visita guiada o pasado ano ao xacemento do Castelo en Valencia do Sil./ Cedida.

 

Volven as escavacións arqueolóxicas ao Castro de Valencia do Sil (Vilamartín de Valdeorras). Esta será a cuarta campaña que realizará nel o equipo de Spunit Labrego e desenvolverase do 24 de maio ao 3 de xuño. Así mesmo, continuarán durante este ano as prácticas de Arqueoloxía do alumnado do Máster Interuniversitario de Arqueoloxía e Ciencias da Antiguidade da Universidade de Santiago de Compostela, que veñen sendo realizadas desde o ano 2020 e que xa teñen formados a máis dunha veintena de novos estudantes en arqueoloxía no xacemento valdeorrés. “Isto é posible só grazas a un decidido apoio tanto da comunidade local como das institucións, especialmente o Concello de Vilamartín de Valdeorras, no seu patrimonio cultural”, di o director da campaña, Carlos Tejerizo.

Desta volta o principal obxectivo da intervención será delimitar dúas estruturas domésticas que xa foron escavadas parcialmente durante os anteriores anos. “Pouco a pouco estamos a desvelar un barrio doméstico composto por diferentes casas que proporcionan unha valiosísima información sobre a vida cotiá dos habitantes do Castelo”, segundo Celtia Rodríguez, co-directora da escavación.

“Ademáis, grazas ás analíticas e estudos que temos feitos sobre o sitio xa temos ideas ben definidas sobre aspectos como a cronoloxía de ocupación, a funcionalidade deste lugar e a ligazón co territorio”, engade a investigadora. Todos estes resultados serán presentados nunha palestra informativa que tendrá lugar o día 3 de xuño ás 19:00 h. no Centro Santa Lucía, en Vilamartín de Valdeorras.

Malia todo o traballo feito, queda moito por facer, sobre todo ligado á consolidación e posta en valor do sitio. “Ata de agora a prioridade foi coñecer o sitio e analizalo científicamente para saber qué tiñamos entre máns; agora é o momento de poñelo en valor para toda a sociedade”, afirma Tejerizo. Unha vez rematada a campaña, o equipo proxecta centrarse nas tareas de consolidación e valorización do sitio, de forma que se poda convertir nun recurso patrimonial de primeiro orden para a comarca.

Artigos relacionados

Back to top button