DeportesGalerías de fotosÚltima hora

Os Santiños, tamén cita para os atletas máis novos

Ademais de atletas valdeorreses, esta carreira tamén congregaba a uns 30 participantes do CEIP Bibei de Viana do Bolo

Na súa novena edición a Carreira Popular dos Santiños do Barco tamén incluía o 6 de novembro un amplo abano de probas nas categorías base. A diferenza da cita dos maiores, que se desputaba por un circuíto urbano, as dos cativos tiñan como escenario as pistas barquenses de Calabagueiros.

A partires das 13h. comezaban as carreiras, cada unha delas cunha distancia diferente. Os primeiros en saír eran os infantís, logo os alevíns, benxamíns e prebenxamíns. Ao chegar a meta todos recibían medallas, ademais doutros agasallos como caramelos. Entre a multitude de participantes, ademais de nenos valdeorreses, tamén había un grupo de 30 rapaces do CEIP Bibei de Viana do Bolo.

Fotos: Ángeles Rodríguez.
Máis información na edición en papel do Periódico O Sil.

Artigos relacionados

Back to top button