ConcellosO BarcoÚltima hora

Os seis centros de ensino do Barco e o CCA lanzan a campaña “Revelando a Xela”

O alumnado fará fotos inspirándose en versos ou poemas da autora. Delas farase unha escolma que se exporá nos establecementos asociados ao CCA

Os representantes dos Equipos de Dinamización da Lingua Galega dos centros do Barco co cartel da campaña./ Cedida.

 

O sector educativo barquense e o comercio da vila volven unir forzas para conmemorar o Día das Letras Galegas. Así os seis centros educativos do Barco (a través dos seus Equipos de Dinamización da Lingua Galega) e o Centro Comercial Aberto (CCA) veñen de lanzar a campaña: “Revelando a Xela”, en homenaxe á poeta á que se lle adica o vindeiro 17 de maio.

O punto de partida da iniciativa estará nas aulas. O alumnado dos colexios Condesa Fenosa, Divina Pastora, Julio Gurriarán e Otero Pedrayo, así como o dos institutos Lauro Olmo e Martaguisela, realizarán fotografías baseándose nun verso ou poema de Xela Arias. Despois, os Equipos de Dinamización da Lingua Galega escollerán como máximo dez imaxes que representen a cada centro (o que suporá arredor de sesenta fotografías) que se exporán entre os días 13 e 31 de maio nos escaparates dos establecementos do CCA O Barco participantes na campaña.

 

 

Por outra banda, a xunta directiva do CCA O Barco, como representante do colectivo empresarial, votará polas seis mellores imaxes expostas nos comercios, bares e restaurantes da vila. Cada unha delas será premiada cun vale de compra por valor de 25 euros para investir en material escolar nas librerías do CCA O Barco: Caprichos, Murciego, Praxis e Yoli.

A entrega de premios terá lugar na oficina da asociación (situada na rúa España, 1 do Barco) o martes 8 de xuño.

Artigos relacionados

Back to top button