Continúa a racha negativa para o equipo sénior do MV Barco que vén de sumar a quinta derrota no que vai de liga na Terceira División Masculina de baloncesto.
Tralas catro derrotas anteriores, o equipo que adestran José Luis e Patricia Gómez enfrontábase no pavillón de Calabagueiros ante un rival directo, o CB Tigres de Rábade (Lugo) que lograba a súa primeira vitoria por 51-58. Con este resultados os do Barco mantéñense no fondo da clasificación sen ningún punto.
Os séniors eran os últimos en xogar en casa na tarde deste domingo 12 de decembro. Antes tocáballe o turno aos cadetes que xogaban o partido que tiñan aprazado vencendo 66-20 ao Blanco Amor. Os cadetes do Barco, que se manteñen como líderes da clasificación, tamén vencían onte ao mesmo equipo (Blanco Amor) en Ourense, 33-70, no partido correspondente á xornada 6.
As imaxes corresponden ao partido do equipo sénior.
Fotos: Carlos G. Hervella.