ConcellosMontederramoÚltima hora

Os servizos de emerxecia excarceran a unha muller tras envorcar o vehículo que conducía, en Montederramo

 

Na mañá deste xoves 21 de novembro, os membros do GES de Castro Caldelas liberaraban a unha muller atrapada no interior do seu vehículo tras envorcar no quilómetro 36 da OU-536, en Seoane Vello, no concello de Montederramo.

Tal como explican dende o 112 Galicia o aviso chegáballes pouco antes das 9 horas, cando un particular informaba do accidente indicando que “a implicada estaba ferida leve pero atrapada no coche”.

Segundo informan, “os equipos de emerxencia procederon a excarcerar á muller polo maleteiro do vehículo e trasladárona en ambulancia ao centro hospitalario de referencia”.

No operativo participaron os servizos sanitarios, o GES de Castro Caldelas, a Garda Civil de Tráfico e os operarios de mantemento da estrada.

Artigos relacionados

Back to top button