A GudiñaConcellosÚltima hora

Os servizos de emerxencia axudan a unha persoa a saír do seu coche tras bater contra un camión na Gudiña

 

Arredor das seis e media desta tarde de luns 15 de maio producíase un accidente de tráfico por alcance entre un camión e un coche na autovía A-52 á altura da Gudiña. O 112 Galicia tivo coñecemento da colisión “a través do camioneiro implicado no accidente. Segundo indicaba, a persoa que conducía o coche estaba atrapada, no punto quilométrico 126 da A-52, en sentido a Benavente”, tal e como informa o 112 Galicia.

A partir de aí, desde o 112 Galicia solicitouse a intervención de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, do GES da Gudiña, da Garda Civil de Tráfico e do servizo de mantemento da vía de circulación.

Segundo a información recollida no 112 Galicia, os efectivos do GES da Gudiña e o persoal sanitario liberaron á persoa que circulaba no turismo sen a necesidade de utilizar o material de excarceración. Posteriormente, foi trasladada, consciente, ao Hospital de Verín.

Fotos cedidas.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button