OurenseÚltima hora

Os servizos de emerxencia rescatan a unha muller tras pasar a noite á intemperie, en Bande

 

Na mañá deste venres 13 de decembro, os servizos de emerxencia resctaban a unha muller tras pasar a noite á intemperie. “Aparecía tirada nunha silveira despois de que a Garda Civil estivera na súa procura desde as oito da tarde anterior”, explican dende o 112 Galicia.

Eran preto das dez desta mañá, cando os axentes informaban da localización dunha muller que desaparecera dunha residencia en Bande. Indicaban que “estaba tirada nunha silveira e necesitaba axuda dos efectivos de rescate e salvamento”. Así, desde o 112, avisaban ao GES de Muíños, que rescataba á muller e facilitaban o seu traslado ao centro médico máis próximo, ocupándose da evacuación os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

Máis tarde, os efectivos da Garda Civil explicaban que “a señora marchou onte dunha residencia de Bande e estiveron na súa procura ata que esta mañá foi localizada tirada nunha silveira na mesma localidade, no camiño entre o ceminterio e o xulgado”.

Artigos relacionados

Back to top button