O peor está previsto para esta tarde pero os efectos da borrasca Bert xa se están deixando sentir na comarca. De feito, na mañá deste domingo 24 de novembro os servizos de emerxencia (Bombeiros do parque comarcal e GES Valdeorras) participaban nun operativo para retirar as chapas da cuberta dunha construción ao pé da N-120 ao seu paso por Vilamartín de Valdeorras, levantadas polo vento.
Fotos: Mónica G. Bellver.