OurenseÚltima hora

Os test oficiais do 54 Rallye de Ourense Recalvi, realizaranse en Barbadás os días 12 e 13 de xullo

O peche de varias vías nas inmediacións do campo de fútbol Os Carrís obrigan á reordenación do tráfico durante as probas

 

Os vindeiros 12 e 13 de xullo arrancará a semana do 54 Rallye de Ourense Recalvi coa realización dos test oficiais nas inmediacións do campo de fútbol de Os Carrís, no Concello de Barbadás.

Unhas probas voluntarias para os equipos que se teñan inscrito, que se levarán a cabo nas vías públicas que discorren no entorno da Ponte Bagoi, Camiño dos Muiños, Cerredo, Pontillón, As Quintas, Farixa, Chemineas, Camiño de Barbadás e rúa Amieiral. O peche destas vías realizaríase no horario comprendido entre as 8:30 a 14:15 e de 15.30 a 20.30, permitíndose a libre circulación no resto do tempo.

Tamén se procederá ao peche ao tráfico a rúa Calzada Romana, entre o parque dos Patos e o campo de fútbol de Os Carrís, e un tramo da rúa da Paz ( tramo duns 50 metros comprendido entre os dous primeiros pasos de peóns accedendo dende a rúa Porto do Río), para situar os vehículos das asistencias.

Dende a Concellería de Deportes de Barbadás, o seu responsable, Abel Cortés, informa de que “no caso de que algún veciño cos accesos afectados polos cortes de tráfico teña motivos de forza maior ou emerxencia, paralizarase o test e poderá circular de xeito seguro previa comunicación coa organización que estará en todo momento no lugar de realización do evento”.

Artigos relacionados

Back to top button