PolíticaÚltima hora

Os triveses Jorge Vázquez e Ana García, números 2 e 3 da lista ourensá da Marea Galeguista

O candidato á Xunta desta formación, Pancho Casal, e a cabeza de lista pola provincia, Milagros Corral, visitaban esta tarde Trives e Manzaneda

 

Notable presenza trivesa na lista que a Marea Galeguista presenta pola provincia de Ourense ás vindeiras eleccións galegas do 12 de xullo e que encabeza Milagros Corral. Así, no segundo posto e no terceiro posto da candidatura figuran, respectivamente, os concelleiros de Son de Trives Jorge Vázquez e Ana García Earley.

Tamén están ocupados por triveses os postos 9 e 13 da candidatura ourensá: Marisol Vasallo e Antonia Álvarez, respectivamente. Cos catro reuníanse arredor das catro e media desta tarde de sábado o candidato á Xunta da Marea Galeguista, Pancho Casal, e a cabeza de lista por Ourense, Milagros Corral, que se desprazaban á comarca trivesa.

Posteriormente, ás seis, Pancho Casal e Milagros Corral trasladábanse ata Manzaneda para coñecer o labor que desenvolve a cooperativa de castañas Amarelante, creada hai 7 anos. Visitaban as súas instalacións guiados por dous dos seus socios, Davide Rodríguez e Lito Prado.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button