Expectantes e animados ata o final, co equipo ata o último partido. Ao berro de si se pode!! os afeccionados do C.D. Barco segue fiel ao equipo de terceira división que está a un paso de facer historia, mantendo ata o final da liga as opcións de xogar a promoción de ascenso a segunda división B.
A afección é sen dúbida o xogador número doce no Barco que se xogará o pase aos play off no partido do domingo 19 de maio no Carballiño. O campo de Espiñedo será testemuño dun intenso derbi provincial no que o C.D. Barco loitará polos tres puntos que lle den a posibilidade de promocionar, mentres que o C.D. Arenteiro faráo por afastarse dos postos de descenso.
O partido promete, por iso os UltraSil organizaron unha viaxe para que os siareiros do Barco poidan asistir e seguir animando ao equipo vermello. A viaxe máis a entrada custan 15 euros e quen o desexe pode apuntarse en Perruquería Nilo, Bar Makoki ou a través do Facebook dos UltraSil.
Dende a organización adiantan que se porán os autobuses que sexan necesarios.