A RúaConcellosÚltima hora

Os usuarios do Centro de Día da Rúa conmemoran o 25N

Usuarios do Centro de Día da Rúa no posto ‘Agresión off’./ Foto cedida.

 

Os maiores do Centro de Día de A Rúa, centro que pertence á rede de centros de atención ós maiores da Xunta de Galicia, participaron no posto ‘Agresión off’ situado na praza do Concello da Rúa co obxectivo de “achegar a poboación a temática da igualdade e a loita contra a violencia de xénero”. Ademais durante o mes de novembro elaboraron no centro unha ‘Árbore contra a violencia de xénero onde situaron frases, estereotipos ou crenzas relacionados coa violencia contra a muller.

A maiores, o Centro de Día da Rúa, que conta con 30 prazas para maiores, está levando a cabo diversas obradoiros e proxectos coa comunidade, co obxectivo de “promover hábitos de vida saudables, prevención da dependencia e promoción dun papel activo das persoas maiores na sociedade”.

Artigos relacionados

Back to top button