DeportesÚltima hora

Os valdeorreses Luan Henrique, Inés Docampo e Alejo Ares, no podio do Ourense Termal Meeting

Unha das proba disputadas polos atletas valdeorreses./ Foto: Club Adas.

Cun resultado moi positivo saldaba a súa participación no Ourense Termal Meeting o Club Adas Proinor do Barco. Nesta competición nacional, celebrada o 12 de maio na cidade das Burgas, os valdeorreses acadaban varios podios. Era o caso de Luan Henrique, que vencía nos 100 v (0,91) cunha marca de 15.4 (quedándose a 15 centésimas da mínima nacional), e de Inés Docampo, que ganaba nos 1.000 (3:12.87).

Ademais Alejo Ares conseguía un terceiro posto nos 5.000 m, proba na que se impoñía o ourensán Alejandro Fernández (Ourense Atletismo). O valdeorrés lograba ademais marca persoal con 14:29.58. Tamén melloraban marcas Damián Anta (54,94) nos 400, mentres que Leticia Barbosa era cuarta nos 1500.

Artigos relacionados

Back to top button