CulturaCulturaEntroido 2022Última hora

Os Vandebrancos e os Farranquís volven percorrer a parroquia de Budián (Pantón)

 

Con alegría e revivindo moitas lembranzas, a veciñanza da parroquia de Budián (Pantón) recibía o na mañá do domingo 27 de febreiro. Despois de moitas décadas, volvían percorrer as rúas os Vandebrancos (dama e cabaleiro), elegantemente vestidos, e os Farranquís, facendo brincadeiras valéndose ás veces do seu pau, e movendo o seu cinto de esquilas.

O percorrido pola parroquia iniciábase en Budián e continuaba por A Abelaira, Cima de Vila, A Oseira, As Adegas, Acedre, San Romao e O Cotillón.

 

Foto: Carlos G. Hervella.

 

Deste xeito, continúase coa recuperación dos Entroidos tradicionais en Budián, nunha iniciativa conxunta entre a Asociación de veciños San Brais de San Romao de Acedre e Asociación Cultural Segredos de Pantón.

Fotos: A.R.

 

Artigos relacionados

Back to top button