ConcellosLaroucoPetínÚltima hora

Os veciños da Portela (Larouco-Petín) homenaxean á figura do burro e á “Feira da Rabiosa”

 

Hai moitos moitos anos, os veciños son incapaces de determinar o tempo exacto, a localidade valdeorresa da Portela, entre os concellos de Larouco e Petín, celebraba unha gran feira coincidindo coa festa patronal o 27 de agosto. Unha cita á que acudía moita xente con animais, especialmente burros, que acabou chamándose a ‘Feira da Rabiosa’, “non sabemos moi ben porque”, din dende a asociación que leva ese mesmo nome e que promovía unha homenaxe a esa cita e a ese benquerido animal doméstico.

“Pode que o nome fose porque ao ser en pleno verán os pobres animais poñíanse rabiosos coas moscas e mosquitos que os picaban ou pode que fose por outro motivo, pero de calquera xeito nos quixemos lembrar esa entrañable figura”, contan dende a Asociación A Rabiosa.

 

 

E así o facían na tarde do sábado 19 de agosto, unha semana antes das festas, cun acto no que descubrían a escultura dun fermoso burro sobre unha peana, nunha praciña da localidade, preto do punto que divide os dous concellos e onde hai uns meses se expuxo unha mostra de arte ao aire libre. Unha praza que proximamente levará tamén o nome de “A Rabiosa”.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button