Manzaneda vestíase de festa nesta fin de semana para honrar á Virxe das Neves, cun programa que inclúe multitude de propostas, entre as que destaca a música, xunto cos actos relixiosos ou a gastronomía.
Como cada ano a paellada popular e a festa ibicenca marcaban o inicio dos festexos o venres pola noite e hoxe, domingo 4 de agosto, a charanga TDB poñía en marcha o día grande. Ás 13h. a procesión percorría a localidade coa imaxe da Virxe das Neves e a continuación celebrábase a misa solemne, cantada polo Orfeón Trivés e presidida polo sacerdote Carlos Onoto. Pola tarde haberá baile e logo verbena coa orquestra Alkar e, xa de madruga, haberá sesión disco ininterrompida amenizada polo Dj Roibem.
Mañá luns 5 de agosto, haberá misa ás 13 horas e tarde de diversión coa festa da escuma a partir das 16 horas.
Fotos e vídeos: O SIL.