En portadaÚltima hora

Os veciños de Fervenza (O Barco) axudan a sacar unha furgoneta de reparto que quedara atrapada

 

Ben está o que ben acaba. Na mañá deste mércores 13 de decembro, os veciños de Fervenza, no concello do Barco de Valdeorras, axudaban a sacar unha furgoneta de reparto, que quedara atrapada onte pola tarde.

A Policía Local do Barco recibía o aviso do 112 “dunha furgoneta de Ikea que estaba nun camiño do monte e non podía saír”. Finalmente resultaba que os repartidors (Julio César, Giovanny Salazar e Carlos Cabrales que traballan para unha empresa subcontratada por Ikea) deixaran mobles nunha casa en Fervenza e cando se dirixian á Rúa o GPS enviounos cara a Pincheira, pero cerca de Arnado termina o camiño e quedaron alí, en medio dunha viña”, explican dende a Policía Local, adiantando que intentaron sacala pero non se pudo. Ata o lugar achegábanse tamén membros de Protección Civil, do GES Valdeorras e da Garada Civil pero ningún dos vehículos lograba sacar a furgoneta debido ao seu gran tamaño polo que queda alí ata esta mañá cando, utilizando un tractor, os veciños lograban sacala.

 

 

Os repartidores pasaron a noite nunha pensión e esta mañá, logo de sacar a furgoneta, eran convidados polos veciños a un café con pastas e un licor café para recuperar forzas e entrar en calor. Facíano no Centro Social onde están preparando adornos de Nadal.

Nestes vídeos cedidos poden verse diferentes momentos do suceso:
https://youtube.com/shorts/SoKgybmwaR4?feature=share
https://youtube.com/shorts/hN6UImsLD0M?feature=share
https://youtube.com/shorts/9ufEKT5pbGw?feature=share
https://youtube.com/shorts/LfpcAlfIiBE?feature=share

 

Fotos: Carlos G. Hervella e cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button