ConcellosÚltima hora

Os veciños de San Vicente deciden parar coas mobilizacións

Mantiñan unha reunión co alcalde tralo compromiso da Deputación de facerse cargo do proxecto de urxencia

Trala reunión desta mañá na Deputación de Ourense, de onde traía un “compromiso por escrito” para mellorar a situación da estrada a San Vicente de Leira, o alcalde de Vilamartín de Valdeorras Enrique Álvarez aseguraba que deixaría en mans dos veciños do pobo a decisión de parar ou non coas mobilizacións.

Para iso, convocaba unha reunión na casa da escola na que decidían “dar ese voto de confianza á Deputación para que comece as obras canto antes. Pararemos as mobilizacións e eu deixo o peche no Concello”, asegura. O propio Enrique recoñece que agora mesmo a climatoloxía non permite comezar a rebaixar a montaña polo que entende que os técnicos aproveitarán este tempo para facer o proxecto para en 10-15 días comezar a traballar. “Se iso se cumple ben e senón habería que volver tomar medidas pero eu quero pensar que si o farán porque na reunión aprobouse todo o que se puxo enriba da mesa e está na acta”.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button