ConcellosEn portadaGalerías de fotosO BarcoÚltima horaVídeos

Os veciños de Veigamuíños (O Barco) renden culto ao seu patrón, Santo Tirso

 

No mediodía deste sábado 28 de xaneiro a localidade barquense de Veigamuíños celebraba a festa na honra do seu patrón, Santo Tirso. A procesión polas rúas da localidade comezaba ás 12 horas encabezada pola imaxe do santo recentemente restaurada, o párroco Jesús Álvarez e un grupo de gaiteiros, e seguida por numerosos fieis.

De seguido e xa no interior da igrexa parroquial tiña lugar a eucaristía na honra a Santo Tirso que morreu no ano 251 en Sozopolis, Pisidia (antiga rexión de Asia Menor que ocupaba a maior parte da península de Anatolia, no territorio que actualmente corresponde a Turquía), debido á súa fe, durante a persecución de Decio.

 

Imaxe de Santo Tirso, patrón de Veigamuíños, no Barco.

 

Conta a tradición que soportou numerosas torturas e finalmente foi sentenciado a ser cortado en dous. Porén a serra non podía cortar a súa pel, e finalmente fíxose tan pesada que os verdugos non podían levantala. Así, despois de regañar ao gobernador romano Cumbricius, foi aforcado, e finalmente decapitado.

A imaxe de Santo Tirso que se conserva na igrexa parroquial de Veigamuíños no concello do Barco, está representada cunha serra de man e a palma de martirio, ollando cara o ceo.

 

Artigos relacionados

Back to top button