En portadaGalerías de fotosÚltima hora

Os veciños de Xagoaza (O Barco) renden culto a San Sebastián

 

Tras anos sen celebración, na mañá deste venres 20 de xaneiro os veciños de Xagoaza (O Barco de Valdeorras) recuperaban os actos na honra a San Sebastián.

 

 

A conmemoración, que incluía unha tirada de bombas, comezaba na igrexa restaurada coa eucaristía na honra do santo que protexe da peste e das enfermidades. Aínda que finalmente o tempo acompañou, por medo a que chovera non houbo procesión. O que si houbo tralos cultos, presididos polo párroco do Barco, Jesús Álvarez, foi unha boa pinchada no albergue de peregrinos.

 

 

A festa, á que asistían o alcalde do Barco Alfredo García e os concelleiros Aurentino Alonso e Miguel Neira, foi promovida por Lauro Neira, veciño de Xagoaza que volveu á aldea onde naceu despois de estar 55 anos en Oviedo. “Aquí vivo feliz, cos amigos,… son crente e a festa organizámola para recordar vellos tempos”, asegura.

 

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button