
Como flamantes campións do Torneo Lázaro 2023 disputado na tarde deste sábado 25 de marzo no Campo da Granxa, volvían para casa os veteranos do CD Rúa.
Tras un longo período sen competir, un grupo de 15 veteranos do club rues viaxaba ata terras de Monterrei para enfrontarse aos da AD Veteranos Verín, nun partido que se saldaba co 0-2 favorable para os valdeorreses. Tal como explica David Pérez, a primeira parte estivo máis igualada pero “xogamos moi ben e fomos xustos vencedores”, cos goles de Bruno que a colou por riba e José Brizuela “que colleu un rechace no borde da área e definiu cunha gran calidade ao segundo pau”, destacando o mérito de saír ao campo con 65 anos e marcar.
Dende o club destacan tamén o comportamento do Verín, “un equipo exemplar en todos os aspectos, tanto deportivo como persoal, que resume perfectamente o valor dos veteranos”.

F
otos: CD Rúa Veteranos.