EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

Os viños da Cooperativa Xesús Nazareno do Barco, na mostra Expocidades en Valongo (Portugal)

 

Dentro das degustacións e actividades que se están a desenvolver nos stands da Feira de Turismo do Eixo Atlántico-Expocidades, que se celebra nestes días no Parque de Ermesinde do Município de Valongo (Portugal), incluíase neste venres 8 de setembro unha de viños valdeorreses.

En concreto tratábase dos viños Viña Abad e Viña Abad Súmmum da Bodega Cooperativa Xesús Nazareno do Barco, cuxo director comercial, Alfredo Fernández, estaba presente nesta degustación.

Nesta mostra tamén participan con stand propio a Deputación de Ourense e o Concello do Barco.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button