EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

Os viños da D.O. Monterrei no showroom “Vidivinos” de Santander

 

O martes 8 de xuño, os viños da Denominación de Orixe Monterrei participarán no showroom “Vidivinos” que terá lugar en Santander. Trátase da segunda ocasión, tras estar presente en Alacante, que Monterrei forma parte do showroom “Vidivinos”.

Esta iniciativa desenvolverase no Gran Casino Sardinero, de 12 a 15 horas e de 17 a 21 horas, e está destinado exclusivamente ao sector profesional co fin de impulsar a comercialización directa entre distribuidores e produtores. Nesta iniciativa estarán presentes os tintos e brancos de 17 adegas da denominación: Ladairo, Pazos del Rey, Gargalo, Castro de Lobarzán, José Luis Gómez Ibáñez (Valderello), José Antonio Da Silva Pereira (Vinos Lara), Crego e Monaguillo, Terras do Cigarrón, Terrae Monterrei, Pazo Blanco Núñez (Tapias Mariñán), Manuel Guerra Justo (Vía Arxéntea), Pazo de Valdeconde, Tabú, Alba Al-Bar (Daniel Fernández), Trasdovento, Fausto Rivero Pardo (Quinta Soutullo) e Manuel Vázquez Losada.

Ao longo de toda a xornada, os asistentes ademais de coñecer de primeira man os viños que se elaboran en Monterrei, tamén recibirán información sobre as características edafoclimáticas do territorio, as diferentes tipoloxías de viño e variedades de uva, así como a historia e tradición vitivinícola da zona.

“É a segunda ocasión en menos dun mes que participamos en Vidivinos, e esperamos que sexa tan frutífera como a anterior”, indica a presidenta do C. R.D.O. Monterrei, Lara Da Silva, ”debido a que se trata de accións dirixidas exclusivamente ao público profesional, o que pode axudar a crear sinerxias para as nosas adegas”.

Artigos relacionados

Back to top button