EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

Os viños da D.O. Monterrei suscitan gran interese na Barcelona Wine Week

"Foi unha edición exitosa, onde se atendeu a un amplo número de público obxectivo non só do mercado nacional, tamén do internacional", destaca o presidente do consello regulador desta denominación, Jonatás Gago

 

Moi favorable é o balance que fai a Denominación de Orixe Monterrei da súa participación na Barcelona Wine Week (BWW), unha mostra que se desenvolvía do 5 ao 7 de febreiro. Esta era a terceira vez que esta denominación se promocionaba neste foro, que contaba coa presenza dunhas 850 adegas e máis de 70 selos de calidade.

“A participación en BWW constitúe unha cita imprescindible para a D.O. Monterrei, xa que se trata dun evento vitivinícola de referencia que nos permite reforzar a nosa imaxe de marca e mostrar ao sector profesional os viños que se elaboran na denominación”, sinala o presidente do Consello Regulador da D.O. Monterrei, Jonatás Gago. Ademais, destaca que esta “foi unha edición exitosa, onde se atendeu a un amplo número de público obxectivo (distribución, canle Horeca, exportación, supermercado etc.)/ etc.) non só do mercado nacional senón tamén internacional, de países como Bélxica, Canadá, etc. que se achegaron á nosa caseta buscando os nosos viños, fundamentalmente os brancos, e mostrando un gran interese polos mesmos”.

 

 

Así a D.O. Monterrei contaba cun espazo propio no que se achegaba información sobre a tradición e historia vitivinícola, variedades de uva, características edafoclimáticas ou tipoloxía de viños, entre outros aspectos. Ademais, nel os visitantes da mostra podían de primeira man, as elaboracións das seguintes adegas rexistradas: Pazo das Tapias, Ladairo, Pazo de Valdeconde, Alba Al-Bar (Daniel Fernández), Crego e Monaguillo, Fausto Rivero Pardo (Quinta Soutullo), Fragas do Lecer, Franco Basalo, Gargalo, José Antonio Da Silva Pereira (Vinos Lara), Manuel Guerra Justo (Vía Arxéntea), Manuel Vázquez Losada, Pazo Blanco Núñez (Tapias Mariñán), Quinta do Buble, Terras do Cigarrón e Triay Adegas de Oímbra.

Artigos relacionados

Back to top button