EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

Os viños da D.O. Valdeorras desembarcan na mostra Prowein en Düsseldorf (Alemaña)

 

A edición 2023 de Prowein, unha das feiras vinícolas máis relevantes do continente europeo, xa está en marcha e, como en convocatorias anteriores, os viños da Denominación de Orixe Valdeorras están a ter un papel protagonista no espazo expositor propio que o noso Consello Regulador posúe no recinto feiral. Un total de 15 adegas da comarca enviaron mostras dos seus brancos e tintos para que poidan ser degustados por todos aqueles que visiten Prowein, mostra que se celebra na cidade alemá de Düsseldorf.

Ata 36 referencias distintas do territorio amparado pola D.O. Valderras danse a coñecer este ano neste certame “co obxectivo de conquistar novos nichos e segmentos de mercado”, sinalan dende o consello regulador. A representación, tanto en número de adegas como en viños, é maior que outros anos, o que evidencia o interese crecente do sector vitivinícola de Valdeorras.

En Prowein 2023, poden degustarse viños de diferentes variedades da nosa comarca, pero principalmente godellos e mencías. Trátase de referencias pertencentes ás seguintes adegas:

o Barón do Sil, S.L.
o Viña Costeira, S.C.G.
o Bodega Joaquín Rebolledo, S.A.
o Adega Alán, S.A.T.
o Adega Quinta da Peza, S.L.
o Arnadoval, S.L.
o Terriña, S.L.
o Hacienda Ucediños, S.L.
o Adegas Terrae, S.L.
o Bodega Godeval, S.L.
o Adega A Coroa, S.A.T.
o Bodega Roandi, S.L.
o Bodega Santa Marta, S.A.T.
o Adega O Casal, S.A.T.
o Bodega Sampayolo, S.L.

Artigos relacionados

Back to top button