EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

Os viños da D.O. Valdeorras miran cara Andalucía

Neste luns 20 de novembro comezaban unha serie de accións promocionais, entre elas unha presentación de brancos e tintos desta zona vitivinícola e unha cata comentada

 

Tras unha presentación en Madrid na pasada semana, os viños da Denominación de Orixe Valdeorras chegan agora a Málaga, onde se desenvolverán diversas actividades promocionais na Costa do Sol . En concreto, a cidade de Malaga acollía neste luns 19 de novembro unha presentación de brancos e tintos desta zona produtiva, que se complementaba cunha cata comentada e cun xantar maridado coa asistencia duns 40 profesionais. Nela participaban 22 adegas valdeorresas con 42 referencias.

Ademais mañá para o 20 de novembro estaban previstas sesións informativas sobre sobre viños valdeorreses en dúas escolas de hostalaría de Málaga. Cada unha destas escolas acollerá, igualmente, unha cata comentada de produto.

“Fomentar o coñecemento dos nosos viños no sur de España, onde existe quizais menos distribución do noso produto, era unha materia pendente da nosa D.O. dende hai tempo”, tal e como sinalaba o presidente do CRDO Valdeorras, José Luis García Pando. Por iso, considera que estas accións promocionais van axudar a que “se eleve o grao de coñecemento dos nosos viños en Andalucía”.

Fotos: CRDO Valdeorras.

 

Cata comentada con referencias de Valdeorras en Málaga.

Artigos relacionados

Back to top button