EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

Os viños de Monterrei promociónanse en Málaga e León

Ademais dun Túnel do Viño en cada unha destas cidades, haberá tamén unha máster class nun instituto malagueño

 

Imaxe do Túnel do Viño da D.O. Monterrei celebrado na cidade de Ourense./ Foto: Carlos Asensio.

 

Continúan as accións de promoción da Denominación de Orixe Monterrei polo territorio español. Así o domingo na localidade de Alhaurín de la Torre (Málaga) farase, de 20 a 23 horas, unha viaxe polos viños das viñas dos Lagares Rupestres de Galicia. “Trátase dunha cata de viños procedentes de parcelas con lagares rupestres situadas nos municipios de Verín, Monterrei, Oímbra e Vilardevós”, segundo se informa dende o consello regulador. Esta iniciativa vai estar dirixida aos integrantes da Asociación de Sumilleres de Málaga.

Asemade, o 22 de maio están programdas outras dúas actividades. De mañá, no IES Jacaranda de Churriana (Málaga) desenvolverase uhna Master Class de viños de Monterrei, destinada a docentes e alumnos/as de sala e sumillería. E, durante a tarde, está previsto un Túnel do Viño con 48 referencias de 19 adegas amparadas pola D.O. Monterrei. Este túnel farase de 17 a 20:30 h. no Hotel Sercotel de Málaga e está enfocado a profesionais do sector (hosteleros, sumilleres, distribuidores, prensa, profesores e alumnos de escolas de hostalaría).

No decurso desta actividade degustaranse viños de diferentes castes, colleitas e solo, e darase información complementaria da denominación, terras, pluviometría, variedades ou historia, así como unha mostra fotográfica dos milenarios lagares rupestres da comarca de Monterrei.

Tamén nesta semana haberá un novo acto promocional de Monterrei en León, con outro túnel do viño. Será o miércoles 24 de maio na Casa de Galicia en León, de 17 a 20:30 h. Neste caso poderán catarse 45 referencias de 18 adegas da D.O. Para participar en cualquera dests dous túneis do viño, interesados en asistir deben confirmar a súa asistencia en info@servino.net o ou no teléfono 678-577933.

Este conxunto de iniciativas serán coordinadas polo experto Luis Paadín, sumiller e director da “Guía de Vinos, Bodegas y Destilados de Galicia 2017”. Ademais forman parte dun proxecto de promoción itinerante dos viños de Monterrei, no que xa se teñen realizado accións na cidade de Ourense e en Xixón.

Artigos relacionados

Back to top button